Presentada a XIII edición do Santiago(é)Tapas

0

Compostela, 6 de outubro do 2021 – A Asociación Hostalaría Compostela e o concello de Santiago presentaron formalmente a decimo terceira edición do Santiago(é)Tapas.

Co concurso de tapas celebrarase a segunda edición do Santiago(é)Cóctel. O prazo de inscrición remata o 9 de outubro tal e como contamos en este artigo.

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, foron os encargados de explicar os detalles de esta edición. Santiago(é)Tapas incluirá o premio “Maridaxe Cervezas Alhambra”. A marca dota este premio con 500 euros en produto e a oportunidade de participar nun showcooking nalgún dos eventos promovidos habitualmente por Cervezas Alhambra. Tamén colaboran neste XIII Santiago(é)Tapas Cash Récord e Utimaq.

O concelleiro Sindo Guinarte destacou que este concurso, que tivo que ser suspendido no 2020 polas restricións en vigor, supón unha oportunidade para dinamizar o sector antes do Nadal, especialmente despois dun periodo moi complexo por mor da Covid-19.

Pola súa banda, Rodríguez explicou que Santiago(é)Tapas se celebrará do 11 ao 28 de novembro, xunto coa segunda edición do Santiago(é)Cóctel, concurso de cócteles organizado por Hostalaría Compostela e patrocinado polas gamas de mixers e tónicas Royal Bliss, de Coca Cola, e a xenebra Áncora de Silleiro. O presidente destacou que debido á delicada situación económica que atravesa o sector tras 18 meses de restricións, reduciuse a cota de inscrición de ambos concursos, que pasa de 99 euros a 79 (IVE incluído).

Canto do concurso de tapas, haberá dúas modalidades (tapa tradicional e tapa creativa, ambas cun prezo de entre 1,50 e 3,50 euros), ao igual que na competición de cócteles, que terá dúas categorías (sen alcohol, cun prezo de 5 euros, e con alcohol, de 6 euros).

Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, é requisito imprescindible de todas as tapas que inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. No caso dos cócteles, deben tamén incluír na súa elaboración, cando menos, un produto galego.

Entre todas as tapas presentadas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500; e o premio “Maridaxe Cervezas Alhambra”.

Tamén se outorgarán os premios do público á tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un. Así mesmo, premiaranse dous cócteles, un con alcohol e outro sen alcohol, con 500 euros cada un. Ademais haberá dous premios para aqueles que empreguen Royal Bliss nos seus combinados, de 600 euros cada un.

Por outra banda, haberá agasallos para os consumidores que puntuarán as tapas e cócteles nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. Optarán a eles por completar as diferentes (é)tapas, que poderán percorrer tanto a veciñanza como as persoas foráneas, seguindo o seu tapasporte.

Tamén se realizará un sorteo de regalos entre todas as papeletas de votación recibidas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial