Presentado o Plan de sustentabilidade turística de Compostela

0

Compostela, 17 de novembro do 2020 – O Salón Vermello do concello de Santiago acolleu a presentación aos medios de comunicación do Plan de sustentabilidade turística de Compostela.

O secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, visitou onte, Día Internacional do Patrimonio Mundial da Unesco, Compostela como apoio aos preparativos do Xacobeo 2021. Valdés aproveitou para presentar  o Plan que conta cun investimento de tres millóns de euros. A financiación farase de maneira conxunta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; a Xunta de Galicia e o  concello de Santiago.

Xunto ao secretario de Estado estiveron presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, e o concelleiro de turismo, Sindo Guinarte.

Compostela non é o único

O secretario de Estado explicou que o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 contempla un investimento de 26 millóns de euros para estratexias de desenvolvemento de produto turístico da que podería beneficiarse o Xacobeo 2021, polo que emprazou ás forzas políticas a apoiar as contas para que canto antes poidan entrar en vigor. Lembrou así mesmo que o proxecto de Orzamentos aumenta a 683 millóns de euros a partida destinada aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos fronte aos 23 millóns que a Secretaría de Estado de Turismo dispoñía para tal fin neste 2020, o que ampliará a posibilidade de acceder a estes fondos a moitas outras áreas de Galicia.

A este respecto Lindeiros.gal preguntou polos plans para os concellos da bisbarra nun momento no que se fala da “España vaciada”. O secretario de Estado recoñeceu que non lle gusta ese termo pero que precisamente hai partidas destinadas a eles nos orzamentos xerais xa que o turismo pode ser un xeito de revitalizalos

Grupo de traballo Xacobeo 2021

Para avanzar no desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago, Valdés mantivo unha reunión co vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e co alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, na que tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e da subdelegada na Coruña, Pilar López-Rioboo.

A presenza do secretario de Estado en Santiago aproveitouse tamén para reunir ao grupo de traballo da Conferencia Sectorial de Turismo Xacobeo 2021 co fin de seguir avanzando nos preparativos do Ano Santo. Nese encontro, Valdés ofreceu o programa de formación Anfitrións dirixido a profesionais do sector para divulgar o contido do manual de seguridade en albergues elaborado pola Xunta e apoiou a iniciativa do Goberno autonómico galego para implicar a outras Comunidades Autónomas na promoción do Xacobeo 2021.

O secretario lembrou que a Consellería de Turismo de España en Roma acondicionou un local  anejo á Embaixada na Santa Sé na mesma  Piazza  Spagna como centro multimedia de promoción do Xacobeo 2021.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial