Presunto delito de falsidade documental do exalcalde da Baña Andrés García Cardeso

0

A Baña, 22 de novembro de 2021 – O concello da Baña ven de remitir un escrito á fiscalía por un presunto delito de falsidade documental do exalcalde Andrés García Cardeso.

Os feitos remóntanse a setembro de 2014, cando Cardeso concedeu unha licenza para a celebración de eventos nunha edificación con protección de Patrimonio. No documento non está nin a sinatura do secretario municipal ni o número do decreto de concesión, sendo ambos os dous necesarios para que teña validez.

Un expediente nunca pechado

O documento presuntamente falsificado apareceu cando os propietarios solicitaron cambios na licenza para pasar de celebración de eventos a restauración. Cando se acudiu ao arquivo en busca do expediente de concesión de licenza, se descubriu que nunca fora pechado e que a licenza non fora concedida.

A solicitude da actividade implicaba reformas e, como consecuencia, informes municipais e de Patrimonio. Desde o ano 2010 emitíronse ata cinco informes municipais. As reformas foron denegadas en dúas ocasións por Patrimonio, que solicitou un informe dun técnico competente con fotografías sobre as modificacións a realizar.

Unha licenza antes de tempo

O 8 de outubro de 2014 o departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia emite o terceiro e último informe desfavorable sobre as reformas na edificación. A partir desa data non se incorporou ningún documento máis ao expediente pero tampouco se emitiu unha resolución de peche.

Chama a atención que a licenza concedida polo alcalde, o documento presuntamente falsificado, se emitiu e se asinou o 30 de setembro, unha semana antes da última resolución negativa de Patrimonio.

O sucedido supuxo un risco evidente. A concesión dunha presunta licenza falsa, para eventos de ata cincocentas persoas, anulaba calquera tipo de seguro ou reclamación no caso de que sucedera algo.

Na actualidade, os propietarios, supostamente enganados no seu día, traballan agora na reposición da legalidade co fin de iniciar un novo expediente do xeito correcto.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial