Primeiro Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado na Estrada

0

A Estrada, 13 de xaneiro do 2021 – O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a primeira edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.

Poderán optar ao I Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, todas as obras de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. As bases definen como álbum infantil o conxunto de texto e ilustración, no que tanto a escrita como as imaxes serán valoradas por xunto, concedéndoselles similar importancia.

Os autores garantirán  a autoría e orixinalidade da obra presentada ao premio, así como que non é copia ou modificacións de ningunha obra allea nin integral nin parcialmente.

As obras serán en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG. As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contra cuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 56.

O prazo de admisión de orixinais rematará o 25 de febreiro. Establecese un premio único de 2.000 euros para o gañador ou gañadora. De seren dúas ou mais as persoas ganadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas.

O álbum gañador será́ publicado pola Editorial Galaxia, que se reserva o dereito de publicación, sen limitación do número de exemplares, da primeira edición e reimpresións, reservándose tamén os dereitos preferentes de edición tanto da segunda e seguintes edicións en lingua galega coma da súa tradución a outros idiomas.

As bases completas pódense consultar no seguinte enlace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial