Programa do Día das Letras Galegas en Melide

0

Melide, 11 de maio do 2022 – Melide presenta un completo programa con motivo do Día Das Letras Galegas que comeza este venres es durará ata o 17 de xuño.

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Florencio Delgado Gurriarán que centrará a maioría das actividades previstas. A Casa do Concello acollerá desde este venres e ata o 17 de xuño a exposición Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra. A mostra compleméntase coa tradicional emisión dun programa monográfico a partir das 12h do luns 16 de maio en Radio Melide.

As Letras Galegas no ensino

Os colexios e o IES de Melide centrarán unha parte importante da programación polas Letras Galegas. Como cada ano, repartirase material de difusión da figura homenaxeada entre o alumnado dos colexios e o IES de Melide.

Nesta ocasión, alén do tradicional díptico que recolle a biografía e obra de, neste caso, Florencio Delgado Gurriarán, o IES e o Concello colaboraron para a elaboración dun milleiro de estoxos que tamén se repartirán entre as alumnas e alumnos.

O estoxo recolle uns versos de Delgado Gurriarán e unha ilustración obra de Sé Senande, profesora de Plástica no IES. Todo este material será distribuído o vindeiro venres, 13 de maio.

Ademais, o alumnado do IES de Melide participará en dúas actividades no marco da programación do Concello. A primeira, o luns 6 de xuño ás 12 da mañá, será o espectáculo do grupo Zënzar Música e lingua. No encontro, os integrantes de Zënzar debullarán, de xeito ameno e visual e con axuda de recursos audiovisuais e orais, a importancia da lingua e a súa relación coa nosa cultura.

O espectáculo propón, á vez, un percorrido pola historia da música contemporánea en Galicia, a través de artistas e grupos como Andrés do Barro, Os Resentidos, Heredeiros da Crus, SES ou Tanxugueiras. A actividade compleméntanse con Músicas Galegas Ilustradas, de Laura Romero, que falará de música en galego e xénero.

O espectáculo Música e Lingua terá lugar no Centro Sociocultural Mingos de Pita. A segunda actividade para o alumnado será a representación de O Porco de Pé no mesmo lugar o 13 de xuño ás 12h.

Teatro, certames e talento melidán

A obra teatral tamén terá unha función para o público xeral. Será o sábado, 11 de xuño, ás 21h no Centro Sociocultural Mingos da Pita. Esta obra teatral de Producións Teatrais Excéntricas, dirixida por Quico Cadaval, adapta e reimaxina o clásico texto de Vicente Risco. Esta sátira, de plena vixencia logo de case un século, saíu do maxín do polígrafo ourensán e cobra unha nova forma sobre os escenarios da man de Quico Cadaval, cun elenco conformado por Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo.

O propio día das letras, o 17 de maio, o Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá o acto Melide e a literatura. 1º Encontro con autores/as melidáns/ás no Día das Letras Galegas. Participarán nesta xuntanza de talento local Antom Laia, Xesús Lois Mariño, María Xesús Blanco, Xosé María Santín, Luisa Pereiro, Fe Núñez, Paco Veiga e Xosé de Cea. Será ás 19h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies