Propoñen canalizar as augas que baixan do monte na Toxeira, Padrón

0

Padrón, 19 de febreiro do 2021 – O Psoe de Padrón levará a pleno a canalización dos mananciais que baixan do monte na Toxeira, en Extramundi.

Os socialistas explican na moción que as augas que baixan do monte aumentan coas chuvias. Este aumento das precipitacións afecta de xeito directo ao rego dos Pasales que, en condicións normais, é a onde van a parar estas augas. A acumulación de precipitacións acaba por desbordar o regato que busca saída e acaba asolagando as cunetas e a estrada.

O desbordamento na Toxeira afecta aos veciños que acaban tendo dificultades para desprazarse aínda que só sexa para tirar o lixo nos contedores da zona. Por outra banda a forza da auga afecta aos cimentos dos muros das vivenda creando un risco de derrubo. Tamén representa un perigo para os vehículos que circulan por esta zona de Extamundi.

Canalización

O Psoe propón como solución a mellora da canalización das augas, tanto en superficie como nos pasos inferiores da estrada afectada. As augas, explican, deben ser concentradas no rego principal evitando que se desvíen por regos secundarios. Ademais é preciso, din, unha mellora na limpeza de cunetas.

Os socialistas pedirán ademais repoñer o muro de canalización destas mesmas augas nun punto máis elevado, na nova área recreativa anexa ao polígono industrial de Estramundi, que se derrubou en datas recentes como consecuencia destes asolagamentos.

A proposta lembra tamén que a Deputación acometerá melloras na estrada da Toxeira polo que sería un bo momento para solucionar todos os problemas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial