Protesta dos traballadores do concello de Padrón

0

Padrón, 26 de maio do 2021 – Os traballadores do concello de Padrón comezan as protestas pola situación laboral na que se atopa o colectivo.

O Comité de Empresa ven de convocar unha concentración, diante do concello de Padrón, para este xoves as sete e media da tarde. O lema da convocatoria é “salarios dignos xa”.

A convocatoria está apoiada polos sindicatos UXT, CCOO e CIG. A mobilización era unhas medidas de presión previstas polos traballadores ante a actitude do concello de Padrón.

No pasado mes de abril José Camino, responsable comarcal da CIG, explicaba a Lindeiros que se presentaran máis de 80 denuncias de traballadores para reclamar dereitos económicos. Camino acusaba ao concello de “mala fe” xa que existían casos nos que tras recoñecer a antigüidade dun traballador e aboala ao ano seguinte desaparecía da nómina.

Os representantes sindicais poñén tamén o acento na situación xeral do concello de Padrón no que se refire á plantilla. O persoal laboral, traballadores con dereitos adquiridos pero que non son funcionarios, existe en todos os municipios pero na capital do Sar o número é moi superior ao resto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial