Protestas do ocio nocturno en defensa do sector

0

Compostela, 6 de outubro do 2020 – A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago convoca á hostalería da cidade a unha protesta, este xoves as 12 do mediodía, diante da Xunta de Galicia.

O acto simboliza a defensa da restauración e do ocio nocturno e comezará, as once e media, cun percorrido dos manifestantes desde o Estadio Municipal de San Lázaro. A marcha mostrará os lemas ‘Xa basta’, ‘Salvemos á hostalaría e ao ocio nocturno’ e ‘Non á criminalización da restauración’.

Esta é a primeira das mobilizacións do colectivo tras aprobar o inicio de accións reivindicativas na Asemblea que celebraron o pasado día 24. O sector reclama un diálogo directo co Goberno galego, que se elabore unha folla de ruta consensuada con todo o sector que garanta a volta ao traballo dunha forma paulatina, rápida e segura; e a eliminación,

con carácter inmediato, da orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade que obriga a pechar os locais da noite e establece a 1 da madrugada como horario máximo de feche en todos os locais.

O acto de Compostela súmase á caravana de protesta a nivel estatal convocada pola Plataforma Oficial de Apoyo al Ocio Nocturno tamén para este xoves día 8 de 20:00 a 20:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial