займ срочно

Reclaman melloras no campo de fútbol de Portomouro

0

Val do Dubra, 24 de maio do 2022 – O Psoe de Val do Dubra reclama melloras no campo de fútbol de Portomouro que presenta un estado moi deteriorado.

O campo de fútbol de Portomouro recibiu un importante investimento na anterior lexislatura, no 2016, pero a falta de mantemento fai que se atope na actualidade en moi mal estado. En aquel ano a Deputación investira 76.000 euros na instalación que hoxe en día non pode ser usada debido ao seu estado.

O Psoe lembra que as obras acometidas hai 6 anos  contaban co respaldo da totalidade de grupos que formaban a Corporación daquel momento (ANOVA, PP, TEGA e IxD). As melloras consistiron no drenaxe do terreo, peche e iluminación.

O Grupo Socialista dubrés preguntou no Pleno municipal polos futuros proxectos previstos para esta infraestrutura pero explican que “a resposta foi o silencio, xa que, segundo afirmou o goberno local, este asunto ten pouca solución”. Os socialistas esixen que o Goberno local non dea as costas a estas instalacións e agardan que poida atopar, xunto coa veciñanza, unha saída para o Campo de Fútbol de Portomouro.

O voceiro do PSOE, Diego Luis Díaz Méndez, lamentou “a tristura ao ver o estado de abandono no que se atopan algunhas das instalacións coas que xa contamos, mentres o Goberno local se empeña en falar de novos proxectos que a día de hoxe non son máis que palabras ao aire”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies