O Psoe de Ordes presenta as propostas para os orzamentos do 2017

0

O PSOE de Ordes solicita un incremento das partidas para servizos sociais, emprego e fomento da economía local nos Orzamentos de 2017 . Os socialistas pedirán a inclusión dunha partida para axudas ao deporte seguindo na liña do solicitado no pleno de marzo de 2016

Ordes, 16 de novembro do 2016.- O grupo municipal socialista de Ordes vén de presentar no Concello de Ordes as súas propostas de cara os Orzamentos Municipais de 2017 e que xiran en torno a tres grandes eixos: servizos sociais, emprego e fomento da economía e o tecido empresarial ordense. A voceira municipal do PSOE de Ordes, Verónica Gómez, explica que “nesta situación de crise precisamos incrementar as partidas referidas a servizos sociais e aquelas destinadas a dar un pulo á economía local e ao noso tecido empresarial, como manter as campañas de promoción do comercio local e poñer en marcha iniciativas para a formación dos emprendedores”.

Así, os socialistas de Ordes solicitarán a inclusión de partidas específicas nos Orzamentos de 2017 para a posta en marcha dun Plan de Emprego Xuvenil e outro para maiores de 50 anos. Unha petición en consonancia coa proposta socialista para o Plan de Acción Social (PAS) que convoca a Deputación da Coruña, presentada a semana pasada.

Deporte

Así mesmo, o PSOE de Ordes instará ao Concello de Ordes a cumprir co aprobado no pleno de marzo de 2016 e destinar unha achega específica e o suficientemente ampla destinada a axudas ao deporte e aos deportistas e equipos de Ordes. Unha petición que foi aprobada en pleno a pesar do voto en contra do Grupo de Goberno, xa que contou cos votos a favor de PSOE, BNG e UXO. “O que pedimos agora é que o alcalde cumpra co mandato do pleno e non caia no erro de que o Concello de Ordes careza dunha auténtica política de fomento e apoio ao deporte, e non dun Concello que só aproveita os éxitos dos nosos equipos e deportistas para saír na foto ou utilizalos con fins propagandísticos”, indica Verónica Gómez.

Finalmente, os socialistas pedirán tamén partidas para a limpeza de camiños e mantemento dos roteiros; así como que se consignen partidas orzamentarias suficientes para desenvolver convenios de colaboración con outras Administracións. “Pedimos unha partida o suficientemente ampla como para poder financiar obras de abastecemento e saneamento nas parroquias, tanto para financiar obras propias como o que puidese vir da Xunta se se lles dá por investir en Ordes algo do que cobran a través do canon da auga”, apunta a voceira municipal socialista. Ademais, deste xeito se evitaría que o Concello tivera que estar aprobando continuas modificacións de crédito.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial