Queixa contra o concello do Pino na Comisión de Transparencia de Galicia

0

O Pino, 4 de decembro do 2020 – O grupo socialista do Pino ven de presentar unha queixa antes a Comisión de Transparencia de Galicia, un órgano adscrito ao Valedor do Pobo.

A Comisión de Transparencia ten como tarefa principal garantir que as distintas administracións respecten o dereito de acceso á información pública que ten toda a cidadanía.

Casa consistorial do Pino

Retrasos na entrega das actas

Os socialistas denuncian ante a Comisión a falta da últimas actas das Xuntas de Goberno Local, e tamén que non se lle están a facilitar os expedientes, datos ou informes que solicitan por rexistro.

O Psoe engade que  “parte destes expedientes están en poder do Alcalde e Secretaria, e non se facilitan co único propósito de entorpecer a labor de fiscalización por parte da oposición”.

Nova advertencia do Valedor

No pasado mes de xullo o propio Valedor do Pobo advertía ao concello do Pino sobre os continuos retrasos e lembraba a obriga de entregar a documentación aos grupos da oposición.  

O alto comisionado do Parlamento de Galicia reitera agora  o seu deber de facilitar información. O último requirimento remitido pola institución, de data 30 de novembro de 2020, lémbralle ao Alcalde que tódolos membros da Corporación local teñen dereito a obter cantos antecedentes, datos ou informacións que soliciten, co fin de que poidan desenvolver a súa función.

Os Socialistas lamentan esta situación, “é incrible que en pleno século XXI, teñamos que andar a presentar reclamacións para poder exercer os nosos dereitos, estas seguen sendo as prácticas do goberno de Manuel Taboada”, apuntan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial