Bisbarra, 14 de febreiro do 2022 – O transporte interurbano, que mudaba plans hai un ano, segue xerando críticas e queixas dos usuarios polos cambios nos horarios e a falta de frecuencias.
Os alcaldes socialistas da provincia da Coruña veñen de esixir da Xunta de Galicia cambios no transporte e acusan á Xunta de “non ser capaz de asumir que existe un problema e moito menos de solucionalo” en palabras do novo Secretario Provincial Bernardo Fernández Piñeiro.
Reunión sobre o transporte
Os alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia da Coruña reuníronse no Consello de Alcaldes e Alcaldesas para tratar a problemática do transporte interurbano por estrada. Este Consello é un novo órgano dentro do partido que busca “tratar problemas que afectan a toda a provincia”.
Según Bernardo Fernández “O tema principal de hoxe é o transporte, que leva dando problemas dende hai máis dun ano froito dun prego que fixo a Xunta de Galicia, que non se adapta á realidade do servizo e que está a xerar moitos problemas á cidadanía das distintas bisbarras”.
Desde o Consello de alcaldes engaden que “a Xunta de Galicia gastou 12 millón de euros para facer un estudo das necesidades pero un estudio que é a todas luces insuficiente, non se acerca ás realidades da cidadanía”.
O secretario xeral electo recordou ademais que esta semana a propia conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, “negaba a existencia de calquera tipo de problema no transporte. Difícilmente a Xunta dará solución cando non son capaces nin de asumir que existe”.
Tamén interviu Manuel Mirás, secretario de Política Municipal dos socialistas da provincia. “O transporte cada vez funciona peor, a raíz das últimas concesións sobre todo, fallan as frecuencias nas áreas das cidades como Ferrol, A Coruña e Santiago”, apunta.
“A Xunta debe ofrecer un transporte público de calidade, que permita á cidadanía deixar de usar o vehículo particular e empregar o transporte público, que é a opción máis sostible e economica”, afirmou.