Queixas polo transporte metropolitano desde O Pino

0

O Pino, 12 de xaneiro do 2021 – O concello do Pino súmase aos que protestan polo funcionamento das novas liñas de transporte metropolitano que entraron en vigo en decembro.

Según denuncia o grupo socialista local os servizos de transporte que entraron en vigor o pasado día 23 “son un auténtico caos”. O traxecto desde O Pino corresponde as empresas Monbus e Alsa xa que son as concesionarias da liña Santiago Lugo.

O Psoe explica que esto afecta de forma moi directa aos estudantes “o pasado venres os alumnos chegaron con máis de 15 minutos de atraso ás aulas e este luns repetiuse o mesmo, para máis inri hoxe, 11 de xaneiro, no servizo de volta para O Pino con saída programada as 18:30 horas da E. A. de Santiago a empresa enviou un autobús de tan só 20 prazas, cando na estación estaban esperando 24 pasaxeiros, e catro tiveron que esperar a que viñera outro autobús”.

Así mesmo, tamén denuncian que o transporte chega máis tarde aos seus correspondentes destinos, posto que os buses se desprazan sempre ata o aeroporto Santiago-Rosalía de Castro, cando coa anterior concesionaria, nas mans da empresa Freire, as frecuencias que máis usaban os estudantes tiñan o servizo directo.

Desde o PSOE de O Pino reclaman á Xunta, como administración titular do servizo, e o Concello de O Pino, como administración local, que esixan un correcto funcionamento nas liñas que usan os estudantes, con autobuses máis amplos para que os pasaxeiros poidan manter as distancias mínimas de seguridade que recomendan as autoridades sanitarias nesta época de pandemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial