Rafael Quintía Pereira presenta na Casa do Patrón “Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade”

0

Lalín, 22 de outubro do 2021 – O Museo etnográfico Casa do Patrón, en Doade, acolle este sábado a presentación do libro “Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade” de Rafael Quintía Pereira.

A presentación de “Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade”  terá lugar as doce do mediodía e contará coa presenza do autor, Rafael Quintía Pereira, do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do xerente da Casa do Patrón, Manolo Blanco.

O Museo  Etnografico Casa  do Patrón é un Museo no Rural, con máis de 2.000  m2 de exposición. Distribuídas en tres edificios e 14 salas o museo  expón máis de 6.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Na actualidade traballa na incorporación de novas salas temáticas.

Rafael Quintiá

Rafael Quintía Pereira traballa como antropólogo profesional. Foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e tamén fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). E vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO). Dirixiu a publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza,[2] herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.

É profesor-titor de Antropoloxía na UNED nas materias de Antropoloxía da Relixión e Antropoloxía Económica no Grao de Antropoloxía Social e Cultural. E tamén imparte Antroploxía cultural nos graos de Psicoloxía e Traballo Social.

Ten publicados 18 libros dedicados á antropoloxía e o patrimonio galego. No eido audiovisual ten participado en varios documentais e bandas sonoras. Entre os premios acadados está o XVIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, o Ramón Piñeiro de ensaio ou o XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial