Ramón García Seara asume a dirección da Asociación de Hostalería

0

Compostela, 8 de abril do 2021 – A Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Hostalaría Compostela decidiu por unanimidade que o actual xerente, Ramón García Seara, asuma as funcións da actual Xunta Directa.

O cese da actual dirección da Asociación Hostalaría é unha solución provisional á complexa situación xurídica na que se atopa a institución. O obxectivo e preservar a continuidade e convocar unhas novas eleccións despois de que nos comicios de marzo non se presentaran candidatos.

Ramón García Seara, natural de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. Comezou a traballar coa Asociación Hostalaría Compostela primeiro como avogado en xuño de 2015 e, desde mediados do 2016, exerce o cargo de xerente.

A asunción da dirección por parte de Ramón García Seara é unha medida máis das tomadas para dar estabilidade a Asociación de Hostalería. O colectivo arrastra desde hai anos problemas legais que teñen que ver con distintas subvencións recibidas presuntamente de forma fraudulenta.

A dirección que cesa centrou o traballo en dar unha estabilidade económica a Asociación, algo case conseguido pero un proxecto que recibiu un novo varapao coa chegada da pandemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial