Reabre o consultorio médico de Abellá en Frades

0

Frades, 24 de setembro do 2021 – O consultorio médico de Abellá volverá a abrir as súas portas á veciñanza este martes 28 de setembro, martes, xoves e venres polas mañás,

O consultorio de Abellá mantén de este xeito o mesmo horario de antes da pandemia da Covid-19. A nova foille confirmada pola Xerencia de Atención Primaria de Santiago ao alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen agradece que se cumpra co comprometido hai meses.

Roberto Rey explica que “Levamos tempo mantendo conversas coa Xerencia e dicindo que tiñamos o seu compromiso de que o consultorio médico de Abellá volvería a abrir as súas portas despois do verán. E finalmente así vai ser”. O rexedor engade que “na última reunión mantida a principios de setembro xa nos adiantaron que a reapertura estaba próxima, se ben ata o de agora non nos puideron dar unha data concreta”. Rey tamén lembrou que “dende que comezou a crise da Covid-19, o Concello estivo facendo traballos de mantemento e limpeza no consultorio para que agora poida volver a estar operativo de seguido”.

O Concello de Frades fará unha pequena actuación no interior do consultorio, antes do martes, para que as instalacións poidan acondicionarse conforme aos protocolos anti-covid. “Ao final demóstrase que todo o que levamos dicindo sobre o consultorio médico de Abellá era verdade: que a Xerencia non se plantexaba o seu peche e que era tan so un peche temporal durante a pandemia”, sinala o alcalde fradense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial