Paul Daniel dirixe á Real  Filharmonía de Galicia no concerto de Reis

0

Compostela, 4 de xaneiro do 2022 – A Real  Filharmonía de Galicia vai celebrar o seu tradicional concerto da noite de Reis este mércores, 5 de xaneiro, ás 21:30 horas no Auditorio de Galicia.

A batuta levaraa o director titular e artístico da  Real Filharmonía, o mestre  Paul Daniel. Baixo o título Tren, barco, avión e  outros medios de locomoción, o programa mantén o espírito do lema desta tempada da  RFG,  Viaxes. O público asistente terá a oportunidade de gozar con pezas moi populares, con diferentes medios de transporte como fío condutor.

As entradas están dispoñibles na páxina web www.compostelacultura.gal. . Para poder acceder ao Auditorio de Galicia é necesario presentar certificado  Covid (ou  PCR ou test de  antíxenos negativos), tal e como dispón a normativa vixente ante a situación epidemiolóxica derivada da pandemia da COVID-19.

Programa

O concerto arrincará con Abran paso! da  Polka  Schnell de Eduard Strauss, que comeza cun sinal de tren que simula iniciar a súa marcha. A continuación soará O voo do  moscardón do conto do tsar sultán de  Rimski- Kórsakov, xunto a varios fragmentos da Suite Sinfónica “París”de Jacques  Ibert. De México chegará a Música para charlar do compositor Silvestre Revoltas. E do arxentino  Astor  Piazzolla -do que en 2021 cumpríase o primeiro centenario do seu nacemento- soará a obra  Aconcagua para  bandoneón e orquestra, que interpretará o  bandoneonista Claudio  Constantini.

De Eduard Strauss tamén se interpretará Con vapor! da  Polka  Schnell. Daquela os músicos achegarán ao público unha peza de  Billy  Strayhorn e Harry  Warren, arranxada por  Iain  Farrington,  Take  the A  Train/ Chatanooga  ChooChoo. De  Farrington soarán ademais  The  sailor’ s  hornpipe: A  Shipshape  Shindig (A gaita do mariñeiro: Unha festa no barco) e Wing  it!, variacións sobre I  got  rhythm de George  Gershwin. E de  Gershwin interpretarase  Promenade  Walking  the  Dog (Paseando o can), arranxado por Sol  Berkowitz.

O  bandoneonista Claudio  Constantini

Pianista,  bandoneonista e compositor, Claudio  Constantini mantén unha polifacética carreira a través dos cinco continentes. Nacido en Lima no seo dunha familia de músicos, o seu orixinal estilo defínese polas súas sólidas raíces clásicas, aliadas cunha incesante paixón por algúns xéneros musicais populares, entre os cales a música latinoamericana e a improvisación son esenciais. Actuou nalgúns dos teatros máis importantes do mundo como a Filarmónica de Berlín, a  Festpielhaus de  Baden- Baden, a  Konzerthaus de Viena, a Ópera de Los Ángeles, Ópera de  Munich, Palau de lles Arts de Barcelona ou o Teatro Real de Madrid, entre outros.

En 2019 foi nomeado aos  Grammy Latinos polo seu disco América na categoría de Mellor álbum de música clásica; e o seu disco 20 th  Century Tango foi distinguido coa Medalla de Prata nos Global Music  Awards de 2021. Iniciou os seus estudos de piano no Conservatorio Nacional do Perú baixo a tutela do seu pai, Gerardo  Constantini. Posteriormente, recibiu o seu titulo superior en Finlandia, o seu  master en Holanda, e o  Diplome de  Concert en París, todos eles coa mellor distinción do xurado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial