Reclaman a apertura inmediata dos centros de atención primaria

0

Bisbarra, 10 de maio do 2021 – A Agrupación Provincial Socialista da Coruña, que lidera Valentín González, demanda “a reapertura inmediata dos centros de atención primaria para consultas e atención aos doentes”.

Os socialistas queren que os centros de atención primaria limiten as consultas telefónicas “aos trámites para os que foron creados e que non precisen da consulta do persoal profesional médico”.

Ambulatorio Concepción Arenal en Compostela

Propostas aos plenos

A Agrupación levará unha batería de iniciativas a todos os concellos da provincia. Os socialistas esixen tamén “a modificación dos orzamentos de Galicia para incrementar o número de profesionais sanitarios e dese xeito poder recuperar o persoal perdido”. Jesús Pedreira, secretario de Sanidade da executiva provincial, explica que  “A situación da atención primaria é caótica, como así aseguran os profesionais da saúde, con moitas necesidades e carencias que deberían subsanarse para asegurar sempre a mellor atención”.

O envellecemento da poboación e o aumento da cronicidade supoñen problemas esenciais que ten que afrontar o sistema público de saúde. No caso de Galicia estas cuestións aumentan a súa relevancia debido ás propias condicións demográficas en termos de idade, e condicionadas tamén pola dispersión da poboación.

Pedreira engade que “Unha atención primaria fortalecida supón unha maior capacidade de funcionamento da rede de hospitais que verían, dese xeito, menos saturadas as súas propias dinámicas de funcionamento, dende a redución de entradas en urxencias ata a optimización de tempos e de diminución de listas de espera”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial