Reclaman o mantemento das instalacións municipais do Pino

0

O Pino, 9 de agosto do 2021 – O Psoe do Pino reclama un bo mantemento das instalacións municipais do concello e acusan ao equipo de goberno de “desleixo” no seu coidado.

O Psoe critica ao alcalde, Manuel Taboada, a quen responsabilizan da situación   “resulta absurdo que el, tendo responsabilidades de xestión, critique a Deputación pola falta de limpeza das vías provinciais cando as vías locais están no mesmo ou peor estado”.

Os Socialistas tamén denuncian o desleixo do actual equipo de goberno á hora do mantemento das instalacións municipais, “fai case un mes que, debido ao calor, rompeu un panel de cristal da pista de pádel, e o Alcalde nin sequera se molestou en mandar a ninguén a recoller os cristais”.

Tamén informan que, o actual Alcalde, no seu día abandonou por completo o mantemento do Campo de Fútbol do Lameiro e, “agora estamos gastando outra vez diñeiro para arranxalo e poder facer uso do mesmo, Taboada e o menos indicado para criticar a ninguén”, sinala o voceiro do PSOE local, Óscar Vilar.

O PSOE do Pino lamenta que, no actual mandato, a principal característica do Alcalde sexa sempre a de criticar a xestión que está a realizar a Deputación da Coruña, “cando é a Administración que máis recursos aporta ao concello, tanto para vías e obras como para o eido social”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial