Reclaman melloras nas instalacións deportivas de Val do Dubra

0

Val do Dubra, 20 de outubro do 2020 – O Psoe de Val do Dubra veñen de reclamar que o concello acometa unha reforma urxente das instalacións deportivas do municipio.

Os socialistas explican que “con pequenas tarefas de pintura e de reparación podería mellorarse a aparencia e sobre todo a funcionalidade das instalacións deportivas de Va do Dubra”. O voceiro socialista, Diego Luís Díaz, engade que “O seu estado actual require que sexan atendidas de xeito inmediato para evitar que continúen empeorando.  Incluso podería estar supoñendo nalgunhas estancias un problema de salubridade para as persoas usuarias”.

Casa do concello de Val do Dubra

Casa do concello de Val do Dubra

O  Psoe Dubrés instou tamen á Concellería de Deportes para que “dote a este Concello dos pertinentes protocolos para poder dar comezo á totalidade de actividades deportivas canto antes podendo empregar as instalacións, cumprindo con tódolos requisitos que se establezan polas autoridades competentes”.

Segundo os socialistas, “a nova normalidade esixe que convivamos nunha situación extraordinaria, pero iso de ningún xeito pode supoñer a parálise absoluta das actividades de Val do Dubra. Xa non caben escusas para a posta en marcha deste tipo de actividades, tendo en conta que os demais concellos e clubs da contorna teñen comezado ou teñen data para o comezo das súas programacións”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial