Reclaman que Santiago pague as axudas á hostalería

0

Compostela, 14 de xaneiro do 2021 – A concelleira Marta Lois, de Compostela Aberta, reclamou en rolda de prensa que se paguen as axudas á hostalería.

Lois califica o anuncio dunha terceira liña de axudas á hostalería como “vender fume”. A concelleira lembra que era algo xa previsto e considera que  “Bugallo só trata de ocultar a preocupante realidade de que a día de hoxe non pagou nin unha soa das axudas para o sector anunciadas desde o comezo da pandemia”.

Marta Lois

Meses de retraso

Compostela Aberta piden que se axilicen os pagos e di que “o que tén que facer o alcalde é axilizar o pago das subvencións que tén pendentes, porque o Goberno dos autodenominados bos xestores aínda non foron quen de abonar as axudas convocadas no pasado mes de maio, e por unha cantidade de só 100.000 euros”.

Marta Lois engadiu que os hostaleiros tiveron que realizar as solicitudes en xullo, “e medio ano despois, e coa lista de beneficiarios xa aprobada desde novembro, nada saben dos cartos”. Por iso, Lois advertiu que “se este Goberno non é capaz de pagar axudas por só 100.000 euros dunha convocatoria de maio, como imos crer que vai ser áxil na tramitación dos 1,6 millóns de euros da convocatoria de decembro?”.

Atraso dos orzamentos

A concelleira de Compostela Aberta urxiu novamente ao alcalde “axilizar a tramitación dos orzamentos municipais, porque son a mellor ferramenta para afrontar esta situación de crise e para procurar novas fórmulas máis alá das convocatorias de axudas puntuais”.

Para Marta Lois, “cada día que pasa é máis inxustificable a actitude deste Goberno, que segue sen achegarlle á oposición ningunha información sobre unhas contas que deben ser moi diferentes ás de 2020, porque a situación é radicalmente diferente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial