Reclaman que se reactive a parcelaria de San Miguel de Pereira no Pino

0

O Pino, 29 de outubro do 2020 – Máis de 180 propietarios das fincas de monte da parroquia de San Miguel de Pereira, no Concello do Pino, veñen de pedir a Xunta de Galicia que se retome a concentración parcelaria.

Os veciños de San Miguel de Pereira presentaron un escrito por rexistro ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. A concentración parcelaria do monte de esta parroquia está paralizado desde o ano 2008, ano no que se publicaba no DOGA a Declaración de Impacto Ambiental.

Engaden na súa petición que as actuais características do monte de Pereira, caracterizado pola dispersión e o minifundismo, non lles permiten poder explotar de maneira eficaz e eficiente as súas terras.

A solicitude rexistrada está avalada con un total de 186 firmas da maioría dos propietarios da parroquia de San Miguel de Pereira, que esperan a que a Consellería de Medio Rural retome o proceso iniciado no ano 1998.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial