Reclaman transparencia na licitación do transporte urbano de Compostela

0

Compostela, 27 de xullo do 2021 – O Partido Popular de Santiago pide explicacións ao goberno municipal por impedirlles acceso ao expediente de licitación do transporte urbano.

Os Populares levarán ao pleno unha pregunta sobre as razón para que non existan consultas preliminares ao mercado para a elaboración do pregos de licitación. O PP lembra que se trata dun concurso que supera os 117 millóns de euros e que se adxudicará por doce anos o que da idea da súa importancia.

O executivo indicaba no Pleno do mes de maio que  “para finais de xuño ou principios de xullo”.estaría preparado o concurso. O Grupo Municipal Popular denuncia a negativa do Goberno a permitirlle o acceso ao expediente completo desta contratación a fin de controlar a razoabilidade da mesma. Queren saber “que persoas do sector público ou do ámbito privado teñen accedido aos pregos de condicións técnicas ou administrativas”.

Os Populares considera que “a cuestión do control do acceso resulta crucial para garantir o principio de  igualdade de trato na contratación pública, posto que o coñecemento con antelación á licitación dos criterios de valoración  recollidos nos pregos por posibles licitadores poderían supoñer unha vantaxe e, polo tanto, unha vulneración da legalidade”.

O voceiro do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, tamén se interesará polos motivos que levaron ao Goberno a non realizar as consultas preliminares ao mercado antes da elaboración dos pregos para a licitación deste servizo de transporte público.

Para o portavoz Popular “resulta estraño e sorprendente” que neste procedemento se teña desbotado esta consulta previa ás empresas especializadas na materia que serviría de axuda para introducir na redacción dos pregos de condicións do servizo as novidades e as características específicas que poderían mellorar a prestación e a garantías deste servizo de tanta transcendencia económica e social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial