Reclaman un punto limpo para Touro

0

Touro, 19 de novembro do 2021 – O grupo socialista no concello de Touro ven de reclamar do goberno municipal que destine parte das achegas da Deputación a creación dun punto limpo.

Os socialistas explican que a veciñanza ven reclamando un servizo de recollida de voluminosos e un punto limpo. Engaden que o traballo do alcalde, Ignacio Codesido, está convertendo a Touro “nun concello de segunda pola falta de xestión dos recursos que chegan”. 

“Entendemos que é unha instalación imprescindible para a boa sáude medioambiental do concello, evitando a creación de vertedoiros incontrolados e axudando aos veciños a desfacerse dos seus residuos de forma ordenada e limpa”, aseguran.

Para os socialistas de Touro falta vontade “Agora teñen o diñeiro, só falta a vontade do grupo do Partido Popular de levar a cabo a obra tan necesaria; precisamos políticas ambiciosas propias do ano no que vivimos, políticas con gañas de avanzar e non retroceder”-

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial