A Rede Cultural da Deputación organizará 264 actuacións na bisbarra de Compostela

0

Compostela, 21 de abril do 2017 –  Un total de 527.427,52 € é o orzamento da Rede Cultural da Deputación da Coruña para os concellos da área de Santiago de Compostela, dos que a achega da Deputación é de 317.318,58 €.

Serán 264 actuación que contribuirán á dotar os concellos dunha programación cultural de calidade, de maneira especial aos de menos de 20.000 habitantes.

A Rede Cultural rexistra nesta nova edición un considerábel incremento con respecto aos anos anteriores e move no total da provincia 2.894.905,45 € en 1.170 actuacións das que 264 se realizarán nos 23 concellos da área de Santiago de Compostela. O circuíto cultural da Deputación da Coruña moverá así máis de medio millón de euros no sector cultural na área de referencia da capital galega, cunha achega directa de 317.318,58 € aos que hai que sumar os 210.108,94 € que proveñen dos propios concellos, nunha porcentaxe que vai desde o 25% nos concellos de menos habitantes até o 70 no caso de Santiago de Compostela, a cidade de máis poboación do conxunto.

“A Rede Cultural quere favorecer os concellos máis pequenos para que podan ter acceso á programación cultural de calidade que é o obxectivo prioritario da Deputación da Coruña. A diferenza está na achega que fai cada concello ao orzamento mais, en todo caso, totalidade dos concellos da área gozarán da programación cultural promovida desde a Deputación”, sinalou a vicepresidenta e  responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, na presentación do programa cultural que se desenvolveu en Santiago de Compostela.

Nesta edición, a área de Cultura optou por aprobar a totalidade das solicitudes dos concellos, unha petición que se incrementou considerabelmente desde as edicións anteriores. “Queremos que a Rede sexa un motor cultural, que vertebre o territorio e contribúa tamén a dinamizar o sector cultural”, explicou Goretti Sanmartín Rei na súa intervención.

Desta maneira, a Rede Cultural rexistra só na área de Compostela un incremento de 70.627,53€ con respecto ao ano anterior e  171.024, 32 € se o comparamos co ano 2015, aumento neste caso que reverte fundamentalmente na achega da Deputación da Coruña ao sumar 130.000 €, o que significa un incremento da programación en concellos pequenos, que asumen unha porcentaxe menor do orzamento da programación.

En termos xeral, das 264 actuacións, máis de 200 serán nesta nova edición do circuíto cultural da Deputación en concellos de menos de 10.000 habitantes. Do amplo abano de propostas culturais que chegarán aos concellos da Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Frades, Melide, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e O Pino, destaca a presenza de espectáculos infantís con nomes de relevancia do panorama da música para crianzas como Mamá Cabra, Gramola Gominola, Magín Blanco ou Pablo Díaz ou teatrais como Elefante Elegante ou Boabab Teatro,  propostas musicais consolidadas como Luar na Lubre, Guadi Galego, De Vacas, Ataque Escampe, Caxade ,Susana Seivane ou Familia Caamagno, compañías teatrais como Chévere, Talía Teatro, Fantoches Baj ou os monólogos de Carlos Blanco, espectáculos de maxia como os de Martín Camiña, Mago Román ou Mago Teto e o Mago Romarís ademais de actuacións de corais como a Oliveira e bandas como a de Cee ou Teo. O programa da Rede para a área de Santiago inclúe tamén proxeccións de cinema, unha liña de recente incorporación á programación que permitirá que filmes como “A Esmorga” ou “Esquece Monelos”  pasen a formar parte da distribución cultural dos concellos.

 

“Supón non só dotar de programación a concellos e veciñanza senón contribuír de xeito continuado á creación de público para a cultura galega e a dinamización do sector. Moitas das propostas que aparecen nesta programación proveñen tamén de grupos e iniciativas que nacen na propia área de Compostela”, apuntou Goretti Sanmartín.

Das 264 actuación que o público poderá gozar nos 23 concellos da área de Santiago, 101 son de teatro e títeres, 63 de música, 17 de danza, 21 proxección cinematográficas e 62 do programa Alicerce de grupos non profesionais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial