Redrum Teatro comeza a ensaiar en Teo ‘#2Pilgrims’

0

Teo, 15 de xuño do 2021- Teo volve a ser residencia artística dunha compañía e acolle desde hoxe os ensaios de ‘#2Pilgrims’, a nova obra de Redrum Teatro.

‘#2Pilgrims’ é unha comedia de autoficción teatral sobre o Camiño de Santiago, a concienciación e a igualdade. A peza forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, está dirixida por Alex Sampayo, escrita por Fernando Epelde e protagonizada por Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña

Destinada principalmente ás novas xeracións, esta comedia teatral con grandes doses de absurdo achegaralle ao público recursos sobre as novas masculinidades, un cuesitonamento crítico sobre o amor romántico e unha reflexión sobre o efecto das redes sociais nas relacións persoais.

Unha aproximación ao público mozo

A estrea da peza terá lugar o 21 de xullo na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Con esta nova produción teatral, a décimo quinta da compañía, Redrum Teatro procurará achegarse á mocidade cos obxectivos de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero a través do teatro.

#2Pilgrims dedícalles unha especial atención aos múltiples efectos que as redes sociais levan anos exercendo na forma de relacionarse das novas xeracións e de establecer relacións socioafectivas, achegando ao tempo un cuestionamento crítico ao respecto do mal chamado amor romántico.

Despois da estrea xa mencionada o espectáculo comezará unha xira ao longo de 2021, que inclúe paradas como Triacastela (28 de xullo), Mondoñedo (29 de xullo), Rois (30 de xullo), Castroverde (31 de xullo), Rodeiro (1 de agosto), As Neves (3 de outubro), Vilalba (6, 7 e 8 de outubro), Oroso (15 de outubro), Cambre (24 de outubro), Muxía (27 de novembro) ou Padrón (10 de decembro).

Redrum Teatro

A compañía Redrum Teatro funciona como unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos e á edición de libros dende o ano 2009. Dende a súa fundación, a compañía levou a escena obras para o público familiar (Moito Conto, Roedores, A nena que quería navegar ou Contos do Recreo) e diversos espectáculos para adultos, entre os que cómpre destacar Currículum vitae, Noiteboa, A canción do Elefante, Idiota, O mozo da última fila ou Invisibles, montaxe esta última galardoada cos Premios María Casares á dirección, á iluminación e o texto adaptado en 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial