Reformadas as pistas de pádel de Aldea Nova en Ames

0

Ames, 18 de xuño do 2021 – O concello de Ames ven de rematar a reforma das pistas de pádel situadas na urbanización Aldea Nova.

As obras das instalaciós de pádel incluíron a substitución de parte da malla metálica e a pintura das paredes interiores e exteriores. Ademais picouse o paramento e arrombáronse os muros.

Os traballos forman parte do plan de mellora das instalacións deportivas municipais que está a levar a cabo a concellaría de deportes. Para a súa responsable, a concelleira Susana Señorís o mantemento das instalacións deportivas é básico, “esta pista foi construída no ano 2007, e tendo en conta a demanda tan elevada que ten este deporte, estas reparacións eran moi necesarias”.

Desde o concello lembran aos deportistas que poden reservas o uso das instalacións de xeito online a través do programa Cronos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial