Remata a canalización do Portapego en Touro

0

A canalización do Portapego comezou hai anos e pasou por distintas fases sen conseguir parar de todo os asolagamentos como xa contabamos en novembro do 2018.

Touro, 16 de febreiro do 2021 – A Xunta de Galicia ven de rematar a canalización do río Portapego en Touro para evitar os asolagamentos do núcleo de Fonte Díaz.

As críticas da veciñanza foron unha constante nos últimos anos. A mineira recibiu distintas sancións polo uso do regato, ou incluso a súa desviación, sen permisos. A veciñanza denunciou tamén en varias ocasións que ás augas que se desbordan por Fonte Díaz “van a parar moitos dos lodos contaminados da mina”

Visita ás obras

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, supervisaron as obras no rego Portapego. A actuación, explicaron, permitirá evitar os asolagamentos que se producen debido aos problemas de canalización.

As obras contemplaron outra actuación na rúa Ramón Cabanillas o que permitiu duplicar a canalización do rego, co fin de solucionar as problemas de enchentes existentes e mellorando as condicións de drenaxe.

Tamén se instalaron arquetas de acceso á canalización para as oportunas operacións de mantemento e rematouse coa reposición da pavimentación afectada no transcurso da obra. Asemade, deuse continuidade ao itinerario peonil xa existente. O importe desta obra ascendeu a preto de 44.000 euros.

O delegado da Xunta lembrou que estas obras de humanización foron posibles grazas a un convenio de colaboración firmado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Goberno local. Trenor destacou que esta actuación enmarcouse dentro do plan Plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta hai unha década para apoiar ás entidades locais en accións que contribúan a humanizar e incrementar os seus espazos de uso público, promovendo á vez o reequilibrio territorial.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial