Remata a reurbanización da rúa Ourense de Melide

0

Melide, 16 de abril do 2021 – Melide ven de rematar as obras de reurbanización da rúa de Ourense que da acceso ao novo centro de saúde da vila.

As actuacións contaron cun orzamento de 54.871,08€. Os obxectivos da obra na rúa Ourense de Melide eran poñer en valor este espazo e dotalo duns mellores servizos.

Os traballos consistiron na separación das redes de saneamento e pluviais e o soterramento do tendido aéreo do suministro eléctrico de iluminación pública e telecomunicacións. Tamén foi reforzada a iluminación pública, creáronse beirarrúas e dotouse de suministro eléctrico ao novo centro médico de Melide, ao que se accede desde a rúa Ourense.

A urbanización da rúa permite que tanto os accesos peonís coma o tráfico rodado queden diferenciados, dotando dunha maior seguridade ao entorno do novo centro de saúde de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial