Rematada a restauración da escalinata, reixería e cripta da Catedral

0

Compostela, 18 de xuño do 2021 – Este xoves foi inaugurada oficialmente a restauración da escalinata, reixería e cripta da Catedral de Santiago.

Na visita aos traballos realizados na Catedral participaron o Ministro de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana, José Luis Ábalos; O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo e o arcebispo Julián Barrio.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participa no acto de presentación das obras de restauración da escalinata, reixería e cripta do Pórtico da Gloria.

O Ministro Ábalos destacou o alto valor simbólico e sentimental de esta restauración e alabou os traballos na escalinata renacentista e na reixería. Pola súa banda o Conselleiro Román Rodríguez fixo fincapé na importancia de sumar vontades institucionais e o esforzo inversor realizado, especialmente dos últimos dez anos.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participa no acto de presentación das obras de restauración da escalinata, reixería e cripta do Pórtico da Gloria.

Román Rodríguez aproveitou tamén para trasladar ao ministro a importancia de manter este espírito de colaboración institucional durante a celebración deste dobre Ano Santo, especialmente estratéxico para a recuperación de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participa no acto de presentación das obras de restauración da escalinata, reixería e cripta do Pórtico da Gloria.

O Arcebisbo Julián Barrio lembrou que a cripta forma parte do Pórtico da Gloria e do traballo do Mestre Mateo.  Anunciou ademáis que na restauración da escalinata fixéronse descubrementos arqueolóxicos de suma importancia que serán expostos nunha exposición monográfica.

Plan Catedrais

Román Rodríguez salientou a calidade técnica da rehabilitación e afirmou que esta fórmula servirá de exemplo nas actuacións da Xunta no marco do novo Plan Catedrais, para rehabilitar os templos catedralicios da Comunidade con vistas ao vindeiro Ano Santo 2027.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial