Resumo Womex16 en Compostela (vídeo)

0

Santiago de Compostela, 30 de outubro do 2016 – Atrás quedou o Womex, o mundo da world música ou das músicas de raíz concentrado en 5 días nunha pequena cidade como Compostela.

Unha cita cunhas cifras de vértigo:  2.400 profesionais de 95 países, 1.410 empresas, 1.030 promotores de eventos, 620 discográficas, editoras e distribuidoras; 620 instituciones; 827 agentes de booking; 730 managers y 357 productores, e para contar todo o que pasaba 297 xornalistas nacionais e internacinais.

Pero tamén moita xente que ensinou e aprendeu, 83 relatores e mentores de 32 países en 25 conferencias, 19 reunións de networking e oito mentorings dirixidos por expertos internacionais.

E o máis importante, a música: 60 concertos con 289 músicos de 43 países en sete escenarios. Pero sobretodo queda a sensación do fácil que resulta entenderse coa musica de por medio, xentes de distintas razas e credos, de todo o mundo, compartindo uns dias para traballar e desfrutar, moitas áreas da nosa sociedade terían que aprender disto

Na parte técnica destacar a profesionalidade, non é nada doado preparar tantos concertos simultaneos sin que ouvera nin un so fallo, cunha puntualidade excesiva para os xornalistas acostumados a roldas de prensa sen presa, e cunha calidade na audicion excepcional

Imposible resumir o que supón un womex para unha cidade como compostela , imposible esquecelo, so podemos lembralo a traves da musica

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial