Retómanse os traballos arqueolóxicos no Castelo de Portomeiro

0

Val do Dubra, 7 de xullo do 2021 – A Asociación Larada, propietaria do xacemento, a Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago impulsan unha nova intervención arqueolóxica no Castelo de Portomouro, en Val do Dubra.

Os traballos no Castelo levaranse a cabo entre o 12 e o 23 próximos. Será a segunda campaña arqueolóxica en este xacemento medieval. Como na anterior intervención, os traballos serán realizados por un grupo de investigadoras do grupo de investigación Síncrisis e en colaboración coa empresa ‘Tempos Arqueólogos’.

A maiores, como novidade, contarán cun nutrido grupo de estudantes do grao de Historia da USC. Durante estas dúas semanas, a equipa de ‘Castelos no Aire’, dirixida por Jose Carlos Sánchez Pardo e Mario Fernández-Pereiro, procurará ampliar os datos coñecidos sobre este interesante castelo altomedieval e, ao mesmo tempo, formar a novas fornadas de arqueólogas.

O investigador Sánchez Pardo explica que “Consideramos moi interesante non só a intervención e os novos datos a obter sobre a Alta Idade Media neste territorio, senón tamén a formación práctica de estudantes do grao de Historia no traballo arqueolóxico”.

O obxectivo da intervención é ampliar as zonas intervidas no ano 2020, ademais de ter como novidade a consolidación completa dun edificio. “Consolidar para facer do xacemento un lugar visitábel e de interese na comarca era unha reclamación da asociación Larada, propietaria do Castelo”, explica Mario Fernández-Pereiro, director da intervención.

Esta campaña está financiada polo proxecto “Arqueoloxía tardoantiga e medieval en Galicia” da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido polo profesor Sánchez Pardo e estará centrada na escavación parcial de tres edificios e a consolidación dun deles. Ao igual que o ano pasado, esta campaña no Castelo estará ‘aberta por escavación’, facendo posíbel a calquera achegarse ao xacemento durante os traballos e recibir unha explicación por parte do equipo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial