Reunión de urxencia sobre os eólicos de Ordes e Cerceda

0

Bisbarra, 21 de xuño do 2021 – SOS Encrobas e Salvemos a Comarca de Ordes veñen de convocar unha reunión de urxencia este martes no no Campo da Feira de Cerceda.

O obxectivo de estes colectivos é informar á veciñanza sobre as liñas de alta tensión e os parques eólicos que hai proxectados en Cerceda. A reunión está prevista para as nove da noite.

Sos Encronas e Salvemos a Comarca de Ordes alertan de que hai vivendas que quedarían “rodeadas por muíños de vento máis altos que a cheminea da central térmica”.  Os colectivos piden información “clara e directa” xa que “non se da nin por parte das empresas nin do concello”.

Os representantes veciñais acusan ao alcalde “de non actuar coa transparencia que debería e de non responder ás peticións que se lle teñen realizado nos últimos meses para que se reuna coa veciñanza e explique cales son os plans industriais que hai para o municipio e cal é a postura do Consistorio ao respecto”.

SOS Encrobas denuncia que Naturgy está a tramitar na Xunta dous parques eólicos ( Parque Eólico Meirama, e Parque Eólico Encrobas) que impedirían poder rexenerar unha zona altamente castigada no seu día coa minaría a ceo aberto e a explotación de carbón na zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial