A rexeneración da mina de Touro chegará ao pleno da Deputación

0

Touro, 22 de novembro do 2021 – A Marea Atlántica vén de rexistrar unha moción na Deputación Provincial, na que reclama a urxente rexeneración da balsa de lodos tóxicos do río Portapego, na proximidade da mina de Touro.

O voceiro de Marea Atlántica, Alberto lema, explica que “A empresa presentou un proxecto de saneamento para silenciar as propostas veciñais, pero é unha cortina de fume que deixa fora ás zonas máis afectadas”. O grupo político lembra que a balsa sitúase no Lugar do Portaguzo, preto de Fonte Díaz, capital municipal de Touro, e non está incluída no plan de drenaxe presentado pola empresa Explotaciones Gallegas S.L para a mina de Touro.

Lema engade que “parece responder máis ás tentativas de reabrir a mina, por parte das empresas Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas, que a unha verdadeira intención de sanear o río Portapego, afluente do Ulla”.

O informe da Sociedade Galega de Historia Natural, publicado en novembro de 2017, deixa ben claro os riscos e o impacto ambiental que tería o regreso da actividade mineira a Touro e O Pino. Por iso, volvemos reclamarlle a Explotaciones Gallegas, S.L. e á Xunta de Galicia que asuman a súa responsabilidade e rexeneren os terreos e regos fluviais afectados pola actividade mineira en varios quilómetros á redonda, con especial atención á perigosa balsa de Portaguzo.

Tres décadas de contaminación por metais pesados

A mina de Touro e O Pino foi unha explotación a ceo aberto de máis de 600 hectáreas, que permaneceu activa de 1970 a 1988, para a extracción de cobre e outros metais pesados. Pechouse sen ningún tipo de protección ambiental, deixando expostas grandes escombreiras con elevadas concentracións de cobre, ferro, cromo, níquel, chumbo e zinc, metais tóxicos todos eles.  Á vista están as consecuencias deste modelo que defende o PP, baseado en venderlle os recursos naturais a empresas multinacionais que esnaquizan o territorio. Por iso agardamos que a nosa proposta reciba o apoio maioritario dos grupos da Deputación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial