Navegando pola Ría da Estrela

0

Ría da Estrela, 17 de agosto do 2020 – Unha das mellores opcións que un ten este verán para desconectar é coñecer un pouco máis a Ría da Estrela. Lindeiros.gal tivo a oportunidade de facelo nun balandro de máis de 100 anos de antigüidade, o Joaquín Vieta.

Navegando pola Ría da EstrelaA Ría da Estrela está formada polos concellos de Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son. Nos últimos tempos traballan nunha estratexia de turismo baseada no abundante patrimonio industrial do que dispón. Desde carpinterías de ribeira ata fábricas de salazón é un lugar único para coñecer de cerca o mundo de principios do século XX.

Tres roteiros, tres xeitos de coñecer

Os concellos deseñaron tres tipos de itinerarios para coñecer o que foi un dos principais enclaves fabrís da Península Ibérica, Falamos con Sebastian Valverde, secretario da Ría da Estrela, que nos explica os modos de percorrer o patrimonio, o primeiro deles en coche

Camiñar polos portos, as rúas das vilas e os sendeiros que as rodean semella un xeito perfecto de coñecer e disfrutar paseniño do noso pasado máis recente

A última proposta é a que escollemos, a navegación pola Ría a bordo do balandro Joaquín Vieta

O Joaquín Vieta fixo a ruta entre Noia e Vigo durante moitos anos, levando e traendo mercadorías. Na cuberta levaba, por exemplo, barrís baleiros que volvían cheos pero con eles todo tipo de suministros que se distribuían posteriormente por todos os concellos. Enrique é un dos mariñeiros que axudou á restauración do barco e que forma parte da asociación sen ánimo de lucro que o xestiona, o máis difícil para el é o mantemento

A restauración ten tamén a súa anédota. En certa ocasión un pesqueiro rescatou do mar tres troncos de pino de Oregón; un deles usouse para un dos mastros do barco despois de compralo por cen euros. Nunha chapiña que atoparon descubriron de onde viñan, pertencían a unha compañía telefónica de Vancouber en Canada, caeran dun cargueiro e as correntes do Golfo os trouxeron ata as rías galegas.

para a conversa para indicarlle ao que leva o timonel, que é novo na tripulación, para indicarlle por onde levar o barco para evitar certos escollos. Lémbranos “Life on the Mississippi” de Mark Twain

e aproveitamos para preguntarlle polas dificultades da navegación nunha ría que, según nos di, e das mellores para navegación a vela de toda Galicia.

 

Un turismo que repite

A Ría de Estrela é un lugar con clientela fixa. O que se achega repite e nun ano tan excepcional e complicado esta tendencia confirmase; aínda que as consultas nas oficinas de información son menores o consumo aumenta como nos explica Sebastian Valverde

O novo turismo busca experiencias e iso é algo que atopar aquí. A bisbarra de Compostela sempre estivo vinculada a esta Ría e moitos teñen unha segunda vivenda pola zona. Pero si aínda non coñeces estes lugares, ou si che gusta navegar, incluso si nunca o fixeches e queres probar que se sente a Ría da Estrela é posiblemente unha das mellores opcións que temos na bisbarra.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial