Ricardo López, 8 anos como director do aeroporto Rosalía de Castro

0

Hoxe, 15 de xuño, Ricardo López cumpre 8 anos como director do aeroporto Rosalía de castro. Tanto cambiaron as cousas que cando tomou posesión chamábase Lavacolla.

Lindeiros conversa con el despois dun ano moi complicado. O aeroporto esta a piques de chegar aos tres millóns de pasaxeiros nun ano pero a pandemia, como en outros moitos sectores, parou todo.

Ricardo López é enxeñeiro superior aeronáutico especialista en navegación aérea. Chegou a Compostela tras encargarse de seguridade aeronáutica nos aeroportos de Barcelona e Madrid. Mirando atrás fai un balace positivo de estes oito anos

esta etapa non estivo exenta de problemas. Un dos que máis repercusión tiveron foi o relacionado co peche da cantina de persoal. López en calquera caso considera que a relación en xeral é boa

O 2020 deixa na memoria do director unha imaxe única dun aeroporto paralizado. En contraste con esa situación única, o traballo aumentou por todos os protocolos que se tiveron que activar

Na actualidade a presenza de viaxeiros increméntase pouco a pouco e as perspectivas son boas. A imaxe de Galicia como destino seguro contribúe ao interés das compañías

Ricardo López recoñece que o aeroporto Rosalía de Castro é un destino ideal para un profesional. Ten unha complexidade que supón un aprendizaxe constante e ao mesmo tempo a calidade de vida nunha cidade como Santiago é única

Nos últimos dez anos, co trasladado á nova terminal, o eroporto Rosalía de Castro converteuse nun dos principais da península.  Ricardo López é responsable nunha gran parte de esa avance pero o reto é agora maior se cabe. Tras pilotar a saída da pandemia agora toca afrontar un Ano Santo que será en boa medida o que marque o futuro da infraestrutura.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial