Rilos & Penadique presentarán en Compostela Asdomare

0

Compostela, 16 de xullo do 2021 – A narradora Vero Rilo e a música Sonsoles Penadique presentarán en Compostela o seu novo espectáculo Asdomare.

Será os vindeiros días 21 e 22 de xullo no Museo do Pobo Galego. A narradora Vero Rilo e a música Sonsoles Penadique apostan novamente polas augas despois de ter xirado por todo o país co seu espectáculo O Pozo das Señoras.

Esta nova proposta une de novo palabra, música e mulleres. Asdomare son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras…Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Rilo&Pendique narran, cantan e musican contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos dende o ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para bebés, rapazada, público familiar e público adulto.

Rilo&Penadique

Sonsoles Penadique leva a parte musical e Vero Rilo a narración oral. Xuntas contan e cantan espectáculos para crianzas, como A formiga no carreiro,Barrococó, Derriba da lúa ou Historias con susto para durmir a gusto; e parapúblico adulto, como Lavandeiras ou Arrolando as flores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial