Riscos nas reunións privadas, restricións nos negocios

0

Bisbarra, 22 de outubro do 2020 – As novas restricións polo continuo aumento de casos en Santiago e Milladoiro colocan en papel oficial o paradoxo de que os riscos están no ámbito privado pero as restricións chegan aos locais abertos ao público.

A orde do Diario Oficial de Galicia de onte mércores recoñece que son as restricións as persoas as máis necesarias “as medidas de distanciamento social, confinamento domiciliario limitación extrema dos contactos e actividades grupais son as únicas que se teñen demostrado eficaces para limitar os efectos dunha pandemia de dimensións descoñecidas ata a data”.

O comité indica que as recomendacións van dirixidas a controlar eses espazos e di literalmente que “a medida que se recolle nesta orde vai dirixida a previr determinadas reunións familiares ou sociais nas cales cabe apreciar un maior risco de transmisión polas circunstancias en que se realizan, por existir unha maior confianza e relaxación das medidas de seguridade”.

O texto continúa recoñecendo que o problema é maior xa que en outros ámbitos a seguridade está garantida polos profesionais xa que as reunións privadas “teñen lugar fóra de ambientes profesionais, laborais ou outros protocolizados en que se debe usar máscara e que se rodean doutras garantías que dificultan a transmisión e o contaxio”.

Pero a realidade é que no ámbito privado a responsabilidade é do cidadán e as medidas de control só se poden poñer nos negocios e na vía pública. Desde esta madrugada, en santiago e o Milladoiro, os bares e cafeterías só poden servir en terrazas e co 50% das mesas; os restaurantes poden servir no interior do local pero só en mesa;  as reunións se limitan a persoas conviventes pero se son de turismo ou congresos e reunións de negocios poden ser de ata cinco persoas; , as cerimonias relixiosas ou as referidas a formación e educación limítanse tamén a metade e as actividades deportivas non poderán ter contacto físico e como moito de cinco persoas máis o monitor. Todas as medidas están recollidas nos últimos folios do decreto que se pode consultar aquí.

Concello de Ames, imaxe de arquivo

Crecemento continuo

Estas medidas tómanse porque, como explica o propio decreto, o aumento de casos  “é especialmente destacable nos concellos de Santiago de Compostela e Ames, onde a taxa de incidencia a 14 días é superior á observada para Galicia. Ademais, nestes concellos seguen a aparecer casos diarios de xeito continuo”.

Pero as restricións son necesarias porque o feito ata o de agora non serviu para frear a pandemia  “Os datos de incidencia observados en Ames e en Santiago de Compostela, xunto co feito de que os indicadores se manteñen en niveis de risco alto e medio, fan preciso actuar dun xeito máis estrito en canto a restricións se refire, xa que as medidas postas en marcha ata o de agora non conseguiron frear o aumento da incidencia”.

Fora de Santiago e Ames hai que dicir que A Estrada e Mesía pasan tamén a nivel 3 no que xa estaba Ordes. A boa nova a da Rois que volve a nivel verde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial