Rois apoia aos traballadores de Lousame pero rexeita integrarse na Mancomunidade

0

Rois, 9 de novembro do 2021 – O pleno ordinario de Rois tivo, como un dos puntos destacados, os problemas que veñen denunciando os traballadores da planta de reciclaxe de Lousame.

PSdeG e BNg presentaron unha moción con distintos puntos en defensa da continuidade da planta de reciclaxe de Lousame más aló de 2023. Na proposta se solicita á presidencia da xunta da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza que convoque a Asemblea de socios (a última foi en 2019) e que elabore o plan de acción. A proposta pide ademais que a Xunta colabore cos modelos de reciclaxe de proximidade que representa esta planta de Lousame.

O alcalde, Ramón Tojo, reiterou o apoio e defensa dos 160 postos de traballos que representa a planta, pero sinalou que no Concello de Rois están “moi descontentos” coa mala calidade do servizo de recollida de lixo. O rexedor rexeitou a posibilidade de que o concello se convertera en membro de pleno dereito da Mancomunidade Serra do Barbanza, entre outros motivos, polo importe da débeda acumulada. O PP votou a favor da moción, pero non do quinto punto da mesma.

25N

O pleno de Rois aprobou ademais por unanimidade unha moción do Partido Popular sobre o 25-N. A proposta, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, pídelle á Xunta de Galicia promover a formación necesaria para o persoal municipal no ámbito da creación ou activación das mesas de coordinación interinstitucional, e a promover encontros de traballo entre o departamento de Igualdade e as entidades locais para o intercambio de boas prácticas en colaboración coa FEMP.

Outros temas

Cos votos a favor de PP e PSdeG, e a abstención do BNG, aprobou se definitivamente o expediente de desafectación dun camiño público na parroquia de Oín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial