Rois aproba o Plan contra incendios con dudas da oposición sobre a súa viabilidade

0

Rois, 4 de xaneiro do 2021 – Rois celebrou o primeiro pleno ordinario do 2022 no que foi aprobado o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A proposta saiu adiante cos votos do equipo de goberno, do Partido Popular; votando o PSdeG en contra e absténdose o BNG. O alcalde considera que é un bo plan, elaborado pola empresa pública autonómica Seaga (Servicios Agrarios Galegos SA), que lle permite ao concello ter un marco de actuación contra os incendios forestais.

Dende o BNG, Begoña Ares considera que o plan “limítase a recoller” o que marca a lei sen incluír ningunha medida específica para Rois e considera que o Concello é o responsable de velar que se cumpran a limpeza das franxas. A este punto o alcalde replicoulle que Rois non ten policía local, polo que a maioría dos expedientes inícianse cando a veciñanza informa de que non se está cumprindo coa normativa.

Dende o grupo socialista votaron en contra ao considerar que o documento presentado non se corresponde cun plan de loita contra incendios senón de xestión de biomasa. O voceiro socialista,  Manuel Regueira, indicou que o plan presentado “carece da estrutura necesaria e a información requerida pola Xunta nos modelos de elaboración de este tipo de plans”. O PSdeG mostrou dudas sobre a posibilidade de que sexa aprobado na Direción Xeral de Emerxencias.

Mocións

No apartado de mocións, as dúas presentadas polo PSdeG foron apoiadas polos grupos da oposición e rexeitadas cos votos en contra do equipo de goberno popular. Na primeira, os socialistas querían instar á Xunta a desenvolver o novo modelo de desenvolvemento enerxético eólico máis eficiente para Galicia, replicándolle o alcalde que o modelo actual xa protexe un alto porcentaxe do solo, fomenta a repotenciación e amplía a distancia as casas en función da altura dos aeroxeradores.

Na outra moción, Manuel Regueira solicitaba que o Concello analice a posibilidade de pedir axudas do programa DUS 5000 para proxectos singulares de enerxías limpas en pequenos municipios, para fomentar a colocación de lámpadas led no alumeado público. O alcalde rexeito esta iniciativa argumentando que xa na Xunta de Goberno Local do pasado 29 de novembro aprobarase unha memoria técnica para solicitar axudas deste plan para a colocación de alumeado público con tecnoloxía led.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies