Roteiro literario na Baña para denunciar aos eólicos

0

Bisbarra, 21 de outubro do 2021 – O BNG da Comarca de Compostela organiza un roteiro polos espazos da novela As Rapazas de Xan, guiado polo seu autor, Manuel Iglesias Turnes.

A roteiro terá lugar este sábado 23 e será libre previa inscrición. O como obxectivo coñecer o territorio de Cabanas, Cabanelas na ficción, onde se desenvolve a novela. Ao mesmo tempo búscase abrir un debate sobre o futuro do rural en concellos como A Baña e Negreira especialmente afectados polos proxectos eólicos.

Carmela e Manuel, protagonistas da novela As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes, teñen que emigrar de Cabanelas para poder sobrevivir. O BNG da comarca de Compostela aposta por outro modelo de futuro para o rural e, con este obxectivo, convidou ao autor, Manuel Iglesias Turnes, a realizar unha visita guiada ao seu territorio literario, en perigo por unha ameaza da enerxía eólica de tal dimensión que non deixará libre ningunha das aldeas da Baña.

O roteiro terá saída ás 10 horas da igrexa de Cabanas, e percorrerá 7,5 km nun trazado circular con dificultade baixa. “Todo o mundo está convidado a esta actividade que nos mostrará unha paisaxe de especial interese que pode ser destruída por un proxecto enerxético invasivo como o que está proxectado. Pola contra, o BNG ten clara a súa aposta por un rural vivo no económico, no social, sustentábel no ambiente e con servizos públicos de calidade á altura dos nosos tempos”, apunta a responsábel comarcal, Elvira Cienfuegos, que convida a participar nesta xornada lúdico-reivindicativa para o que é preciso anotarse no correo electrónico compostela@bng.gal ou no teléfono 606000675.

A través dos espazos de Cabanas, na obra Cabanelas, polo que se desenvolven as vidas de Manuel e Carmela, protagonistas da novela de Iglesias Turnes, as persoas participantes descubrirán as potencialidades e a beleza do rural da comarca nunha iniciativa que forma parte da ofensiva do BNG que denuncia que no concello da Baña, e os da contorna , non quedará ningunha aldea que non estea afectada polos parques eólicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial