Ruta de sendeirismo polas Penicias en Rois

0

Rois, 14 de setembro do 2021 – O concello de Rois organiza unha ruta pola senda das Penicias o próximo domingo día 26.

O obxectivo de esta actividade é promover a natureza e o patrimonio de Rois. A ruta guiada polas Peinicias será unha das primeiras iniciativas tras a contratación do primeiro técnico de turismo co que conta o concello.

Ruta das Penicias. O percorrido de 8,5 km discorre polas parroquias de Rois e Buxán e pasa polas aldeas de Rois, Infesta, A Casa do Porto e Buxán.
Foto: Alicentis SL

A ruta guiada permitirá ás persoas asistentes gozar das excelentes paisaxes de Rois, dos seus bosques de ribeira, e coñecer un pouco máis da historia do municipio. Neste caso a milagreira fonte de San Mamede, o conxunto de hórreos da Casa do Porto, as pasarelas que cruzan o río Rois ou o descanso a carón do río Tinto.

A asistencia a esta ruta guiada é de balde, pero requírese inscrición previa, pois por normativa covid-19 só se ofrecen 25 prazas. As inscricións poden facerse ata o mércores, 22 de setembro, no correo electrónico inscricions@rois.gal, ata esgotar as prazas ofertadas.

Organizada polo Concello de Rois, en colaboración cos de Dodro e Lousame, a ruta guiada polo sendeiro das Penicias ten unha lonxitude de 8,5 km e dificultade media baixa. A saída efectuarase ás 10.00 horas, o domingo 26, da igrexa de San Mamede. As persoas participantes pasarán por Infesta, A casa do Porto, Buxán e rematarán na igrexa de San Mamede.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial