Ruta nocturna en bici no Pasatempo de verán de Vedra

0

Vedra, 21 de agosto do 2020 – O Pasatempo de verán de Vedra ofrece algunhas das actividades máis interesantes da bisbarra, un amencer escalando ou unha noite en bicicleta son as dos próximos días.

BTT pola Vía da Prata

Os afeccionados á bici de montaña son dos que sempre buscan novos retos. un roteiro nocturno pola Vía da Prata é o que ofrece este sábado o equipo afeccionado Ribadoulla e o concello de Vedra no seu Pasatempo de verán.

Pensado como roteiro de iniciación, e para maiores de 16 anos, a ruta ten un percorrido de 35 km. A saída será as sete da tarde desde o albergue de San Pedro de Vilanova e a volta, xa de noite, polo mesmo camiño. As inscricións poden facerse na web do concello de Vedra.

Ruta nocturna en bici no Pasatempo de verán de Vedra

Imaxe, Facebook Ribadoulla

Amencer de escalada

Si preferimos comezar o día con actividade o Pasatempo ofrece a escalada como a mellor opción. A partir das dez da mañá, no Campo da Festa de Ponte Ulla, comezará esta proposta pensada para maiores de 13 anos na que os menores de idade terán que levar unha autorización.

O prezo é de 18 euros por persoa e as inscricións no seguinte enlace.

Domingo de música

O Pasatempo de Vedra aínda ofrece unha actividade máis na fin de semana. A Banda de Música de Sta. Cruz de Rivadulla propón unha Andaina Musical pola Vía da Prata.

A cita será o domingo, a partir das sete da tarde, no Campo da Festa do santiaguiño en San Pedro de Vilanova. Como en todas as actividades, a causa do Covid 19, é preciso a inscrición previa na web do concello.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial