займ срочно

Chega unha nova edición da Rapa das bestas de Sabucedo

0

A Estrada, 23 de xuño do 2022 – Hai uns días era presentada a edición 2022 da Rapa das bestas de Sabucedo, Festa de Interese Turístico Internacional desde o ano 2007.

A Rapa celebrarase do 30 de xuño próximo ao 4 de xullo e conta xa con máis de trinta medios acreditados. Como é habitual os xornalistas proceden de países como Corea do Sur, China, Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Portugal e España.

A Rapa das Bestas de Sabucedo 2022 recupera a súa normalidade despois de dous anos atípicos por mor da pandemia, xa que en 2020 non se puideron rapar as bestas no curro e en 2021 a data de celebración cambiouse da primeira fin de semana de xullo para finais do mes de agosto.

Paulo Vicente Monteagudo, presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, explicábanos o ano pasado as dificultades da organización en este artigo. No transcurso da presentación agradeceu a colaboración de todas as administracións públicas e de patrocinadores como Estrella Galicia: “Forma parte da esencia de Sabucedo que despois de traballar hai que divertirse e é fundamental o que está a facer Estrella Galicia para que o rollo festeiro continúe en Galicia”.

UN momento da presentación

Do 30 de xuño ao 4 de xullo

En canto á programación de actividades, a Rapa 2022 comezará o venres 30 de xuño ás 21.30 coa décimo primeira edición da Gala na honra dos Aloitadores e o venres 1 de xullo ás 7.00 horas  sairase cara ao monte na procura das bestas.

As citas de maior interese son os curros do sábado 2 de xullo ás 19.00 horas e do domingo 3 e o luns 4 ás 12.00 horas, para os que aínda se poden mercar entradas a través da páxina web.

Ademais de visitas turísticas guiadas pola parroquia e de exposicións permanentes, a dinamización da fin de semana chegará cunha nova edición do festival RapaSons, que inclúe unha quincena de actividades musicais entre as que destacan grupos como Treixadura, O caimán do río Tea, Combo Calada ou Zënzar.

Calleja na Rapa

Este ano a Rapa terá un invitado especial xa que o aventureiro e presentador de televisión Jesús Calleja grabará un capitulo do seu programa “Volando voy” ao longo da fin de semana. Non foi un acordo doado xa que a Asociación puxo condicións moi concretas para o progrma e deste xeito o helicóptero que, en certo modo, da nome ao programa non será usado mentres dure a recollida das bestas no monte o venres e o sábado.

O recinto do curro acollerá o luns a gravación do programa  no que participaran veciños da aldea e proxectaranse as distintas tomas realizadas na fin de semana. A produtora xa traballa desde hai días na contorna de Sabucedo preparando todo o necesario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies