Sabucedo renovou o compromiso coa Rapa das Bestas

0

A Estrada, 30 de agosto do 2021 – Sabucedo organizou en este 2021 unha Rapa das bestas diferente pero igual de comprometida co coidado dos animais e os asistentes.

Só dous días, fronte aos tres habituais, sen cámping e con aforo moi reducido. A Rapa das Bestas 2021 estivo marcada polas restricións Covid pero o interés do público e dos medios de comunicación foi igual ou, se cabe, maior.

Menos aforo, mesma participación

A redución do aforo fixo que participara tanto público fora do curro como dentro. As polbeiras cheas daban mostra de que a Rapa non é só o curro, é unha festa para disfrutar e estar xuntos unha vez ao ano.

Dentro do curro as gradas estaban este ano numeradas e unhas voluntarias foron colocando ao público. Medidas que garantiron a saúde e o bo desenvolvemento da actividade.

As gradas de medios estaban tamén cun aforo reducido pero aínda así participaron, coma sempre, xornalistas gráficos de Corea, Francia, Estados Unidos, Portugal o Romanía entre outros.

As Bestas no cine

As Bestas é título da vindeira cinta do director Rodrigo Sorogoyen. O cineasta gañou dous Goyas, director e guión, no 2018 pola película El Reino que acadou sete en total. Agora traballa nun cinta de suspense ambientada en Galicia que comezará con imaxes da Rapa.

No curro de este ano puidemos ver traballar xunto aos aloitadores a dous cámaras, cos seus respectivos axudantes, que gravaban todo o que sucedía.

Máis risco

O feito de estar un ano sen baixar fixo que as bestas foran algo máis salvaxes. Puidéronse ver tamén potros máis novos que tamén se resistiron a rapa. Foron varios os contusionados entre os aloitadores e mesmo o sábado un deles tivo unha fractura nun pe por un pisotón e outro tivo que levar varios puntos nos beizos tamén por un encontronazo.

Unha organización impecable

A mellor nota a leva sempre a organización. Desde Lindeiros queremos agradecerlles que nun ano tan complicado puideramos asistir. Agora o traballo continúa todo o ano, coidando dos montes, organizando actividades, e poñendo en valor non só a festa se non tamén todo o territorio de Sabucedo. Si aínda non estiveches o certo é que non sabemos a que esperas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial