O Pleno aproba o salario do novo alcalde de Boqueixón

0

Boqueixón, 12 de xaneiro do 2017 – O Pleno municipal de Boqueixón estableceu a organización municipal tras o nomeamento do novo alcalde do concello, Manuel Fernández Munín.

Aprobouse unha dedicación exclusiva para o novo alcalde igual que a que percibía o anterior rexedor, un total de 38.844,40 euros brutos ao ano, o que significa un salario líquido mensual de 1.979,49 euros.

Na Xunta de Goberno local entrará o novo terceiro tenente de alcalde, Antonio González Barral, que se suma así ao alcalde e aos primeiro e segundo tenentes de alcalde, Mary Botana e Jesús Sanjuás.

 Tamén aprobouse a inclusión na Comisión de Contas da nova concelleira popular Ana Alonso, polo que este órgano queda composto polo alcalde e os concelleiros Jesús Santasmarinas, Alejandro Bermúdez, Ana Alonso, Xabier Canabal e Perfecto Barcala, estes dous últimos do grupo da oposición Veciños de Boqueixón.

Na estrutura de concellarías destaca a creación da de Xuventude e Voluntariado, que estará ocupada por Ana Alonso. Polo demais, Mary Botana seguirá en Educación, Cultura e Deportes, Jesús Sanjuás na de Servizos Xerais, Seguridade e Medioambiente, Antonio González Barral na de Industria, Ana Seijo na de Servizos Sociais e Igualdade, Jesús Santasmarinas na de Terra e Monte e Alejandro Bermúdez na de Formación, Emprego e Turismo.

Ademais, o Pleno tamén escoitou a información da alcaldía, designou os representantes municipais nos órganos colexiados, aprobou a delegación de competencias da alcaldía na Xunta de Goberno e recoñeceu unha factura de 2015 de Gas Natural Fenosa por valor de 1.525 euros, que será abonada con cargo ao orzamento de 2017

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial