San Antoiño de Toques, monxes e cravos

0

Cerca do recoñecido e admirado mosteiro de Sobrado dos Monxes atópase un lugar máxico e esquecido chamado San Antoiño de Toques.

Alá polo século VII existía unha capela ao carón dunha pena e no medio dun dos montes lindeiros coa Serra do Careón. No 1067 o Rei García doa ao Abade Tanoi o Coto do Meire, situado según as crónicas escritas “nun lugar de fervenzas e din Tocas, á beira do río Flamosino, baixo o monte Maura Morta”; unha frase diga do mellor Tolkien  e onde hoxe se sitúa San Antoiño de Toques.

San Antoiño de Toques, monxes e cravosO mosteiro beneditino fundado polo mencionado abade Tanoi pasa no 1515 a depender do de san Martín Pinario en Santiago e pasa de abadía a priorado. Coa desamortización do ano 1835 cesa a actividade e convértese na parroquia de Santa María da Capela.

San Antoiño de Toques, monxes e cravosO seu patrimonio estendeuse por todo o centro de Galicia e recibía beneficios de moitas igrexas da comarca. Chegou a recadar 1186 ferrados de centeo e 115 de trigo, e exitía a obriga de prantar dous carballos por ano na súa fraga.

San Antoiño de Toques, monxes e cravosO xiro máis sorprendente chegará no 1900 cando as dependencias do mosteiro son compradas para instalar unha fábrica de puntas. A produción levábase en burros ata a costa e desde alí en barco ata Asturias. O balandro Joaquín Vieta, co que fixemos unha reportaxe no mes de agosto, era un dos encargados de acercar estas puntas ata Vigo desde onde partían para o norte peninsular.

Un patrimonio único

San Antoiño de Toques atesoura un patrimonio arquitectónico e mural único que merece ser coñecido. Un dos seus abades, Lope Rodríguez, no século XV encargou a defensa do lugar a Lope Sánchez de Ulloa, señor do Castelo de Pambre. Este cabaleiro puido ser o que costeara as pinturas murais do interior da igrexa xa que o seu escudo figura nelas.

Ademais de eses espectaculares murais, a edificación ofrécemos distintos capiteis, rosetas e columnas ricamente esculpidas e distintas imaxes policromadas.

E por si todo o dito non chegara para que o lector estea xa buscando data para acudir queda a contorna na que atopar fervenzas como a de Brañas, dolmens como o de Forno dos Mouros, con pinturas no seu interior, ou castros como o de Armada.

O concello no que se sitúa San Antoiño, Toques, ten ademais o corenta por cento do territorio en Rede Natura. Entre a fauna que podemos atopar esta desde hai pouco tempo a cegoña branca, en verán e outono o sisón, avetardas, aguias, falcóns peregrinos aos que engadir corzos, lembres, xabarís e lobos.

Información útil

San Antoiño de Toques GPS 42.978336, -7.983053

Google maps https://goo.gl/maps/r6w32VKKMZVEoK1T6

Tlfno. concello de Toques: 981505826

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial