Compostela, 23 de xuño do 2017 – Onte chegaba o Lume Sagrado a Compostela procedente do Pico Sacro e esta noite servirá para acender as cacharelas pero antes diso hai unha chea de cousas que facer.
[columns]
[column size=”1/2″]17h – 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos
17h – 1h: Circulación do Tren Cacharelo polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o CGAC
17h – 18:30h Obradoiro e Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Saída do CIAC ás 17h con chegada á Praza de Mazarelos ás 18:30h. Previa reserva[/column]
[column size=”1/2″]19h – 20:30h Obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
20:30h – 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.
22:30h Concerto de música tradicional: Habelas Hainas.
00h Peche do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos e último traxecto do Tren Cacharelo con saída ás 00h do CGAC.[/column]
[/columns]
A noite ten ademais máis de 60 cacharelas públicas en Compostela e centos en toda a bisbarra así que chegou o día de queimar os males do inverno e afrontar o resto do ano con boa actitude.