Sanción á construtora do comedor do CEIP a Maía en Ames

0

Ames, 26 de xaneiro do 2021 – O concello de Ames acordou, en Xunta de Goberno Local, sancionar á construtora do novo comedor do CEIP A Maía.

A sanción a empresa Eulogio Viñal S.A. é de 16.613,31 euros e imponse por retrasos na obra. Ao mesmo acórdase dar un prazo improrrogable de dous meses para rematar a obra do CEIP A Maía ou resolver o contrato.

A construción do comedor fora adxudicada en setembro do 2019 por un importe de 454.580,82 euros, correspondentes a fondos propios do concello. O contrato foi asinado algo máis dun ano despois, en novembro do 2019, e tiña un prazo de execución de catro meses. Derivado do confinamento a empresa solicitou dúas prorrogas, ata xullo de 2020 e, posteriormente, ata o 31 de agosto do 2020.

Transcorridos tres meses dende a data de finalización da segunda prórroga o Concello de Ames, en Xunta de Goberno Local, aprobou o pasado 26 de novembro, o inicio do expediente sancionador por demora na execución das obras do comedor do CEIP A Maía.

Resolución do expediente sancionador

A sanción farase efectiva sobre as cantidades pendentes de abono ó contratista. A garantía definitiva constituída é, no caso de que non alcance, mediante execución sobre o seu patrimonio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial