Saneamento para as vivendas de Ponte Maceira en Negreira

0

Bisbarra, 19 de maio do 2021 – Ames colaborará con Negreira para dar servizo de saneamento ás vivendas de Ponte Maceira situadas na parte nicrariense.

Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Negreira, Manuel Ángel Leis, xunto con técnicos municipais de ambos Concellos, achegáronse ata Ponte Maceira para ver a zona a mellorar.

Para implementar o servizo estanse barallando diversas opcións como conectar a rede de saneamento, que está pendente de executar, ao sistema de bombeo situado na parte amesá da Ponte Maceira ou á depuradora que o Concello de Ames ten en Agrón. O Concello de Negreira elaborará o proxecto para a realización do saneamento na súa zona, xa que a parte amesá de A Ponte Maceira xa dispón del dende hai uns anos.

A visita a Ponte Maceira foi un dos acordos da reunión mantida entre ambos os dous rexedores o pasado 28 de abril. Blas García destacou durante que “por parte do Concello de Ames, como ben sabe o alcalde de Negreira, existe total dispoñibilidade para colaborar no que sexa preciso. Tanto co técnico municipal do ciclo integral da auga como cos medios que temos xa do outro lado do río, para que poida sacar o saneamento, tanto como pola zona de bombeo que temos na Ponte Maceira, como, se fose necesario, conectar a rede á depuradora de Agrón. Estamos a súa disposición e imos traballar conxuntamente e, como eu sempre defendo, ofrecendo colaboración entre Concellos limítrofes, que é importante e ten que estar á orde do día”.

Manuel Ángel Leis pola súa banda explica que “Hai distintas opcións que estamos barallando. Existe un antigo proxecto feito con Augas de Galicia e Patrimonio que estamos intentando recuperar para poder revisalo e ver cal das opcións existentes é a máis axeitada. A nosa intención é intentar dotar de saneamento ás vivendas deste lugar durante o que queda de mandato. A Ponte Maceira foi declarado como un dos Pobos máis bonitos de España e os veciños e veciñas deste lugar non poden seguir moitos máis anos sen este servizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial